O director xeral de Maiores e Persoas con Discapacidade, Ildefonso de la Campa, visitou hoxe varias residencias de maiores na provincia de Ourense. En concreto, coñeceu as instalacións dos centros Virgen Blanca, Santa María e Nuestra Señora de la Esperanza, na cidade das Burgas; as residencias Os Gozos e Monterrei, emprazadas no concello de Pereiro de Aguiar; e o centro La Saleta, en San Cristovo de Cea.

Ildefonso de la Campa aproveitou estas visitas para falar cos responsables das instalacións e con algúns dos seus usuarios. Destacou a importancia de que as administracións públicas acheguen solucións para que as galegas e galegos de máis idade poidan elixir onde prefiren pasar esta etapa das súas vidas, xa sexa nas súas casas e coas súas familias ou se requiren atención residencial.

O director xeral tamén defendeu a necesidade de promover un envellecemento activo e saudable, así como de facilitar a participación dos maiores en todos os ámbitos da sociedade para que xeracións máis novas aproveiten a súa experiencia e coñecementos.
 



Source link

0 comentarios

Dejar un comentario

¿Quieres unirte a la conversación?
Siéntete libre de contribuir!

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *