O delegado territorial da Xunta na Coruña, Ovidio Rodeiro, participou esta tarde no acto de presentación do libro “O meu bisavó”, un relato breve inspirado na Galicia campesiña, editado en galego e ilustrado. Esta edición contou co patrocinio da Secretaría Xeral de Política Lingüística.

O acto contou coas intervencións de Antonio González Millán, coordinador do proxecto, Rocío Viéitez Ferro, tradutora, Héitor Picallo (O Carrapucho) ilustrador e Martiño Picallo (Luscofusco) deseñador.

Ovidio Rodeiro destacou que grazas ao esforzo de todo o equipo implicado neste proxecto, “logrouse definir un produto editorial de gran calidade, respectuoso con texto orixinal levado á versión galega, moi visual polas súas imaxes icónicas e cun deseño moi refinado”.

O representante do Goberno autonómico informou que tras o éxito desta edición “a satisfacción de todo o equipo levounos a plantexar a creación dunha colección de relatos vallinclanianos levados ao galego, da que este libro será o seu primer volume”.

A presentación deste libro é o colofón das XXI xornadas de homenaxe a Valle- Inclán que durante dous meses encheu de actividades temáticas o Museo arredor da figura de Ramón de Valle-Inclán en Galicia.



Source link

0 comentarios

Dejar un comentario

¿Quieres unirte a la conversación?
Siéntete libre de contribuir!

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *