A consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda recorda que na actualidade hai máis de 3.000 prazas dispoñibles para viaxar á Illa de Ons, nas xornadas de festividade local. Así, recoméndase a todas as persoas que non teñen carné de acceso libre e que desexen viaxar á illa o vindeiro 23, 24 e 25 de agosto realizar os trámites necesarios coa antelación suficiente para asegurarse á entrada a esta illa do Parque Nacional Marítimo-Terrestre das Illas Atlánticas de Galicia.

Na actualidade, o cupo de acceso libre en Ons -regulado no Plan Reitor de Uso e Xestión- está fixado en 1.300 prazas das que que hai dispoñibles 1.013 para o día 23, 1.151 para a seguinte xornada e 1.212 para o día 25 de agosto.

Non obstante, os concesionarios poden adquirir os documentos identificadores de xeito gratuíto, cos que se lles asegura o acceso a Ons calquera día do ano; tal e como xa se están a beneficiar a case 300 veciños, aos que xa se lles expediu dito carné cono que moverse libremente e á marxe do cupo xeral.

Cómpre recordar que a finais de xuño, a directora xeral de Patrimonio Natural comprometeuse cos concesionarios das vivendas vinculada a uso residencial en Ons a facilitarlles un total de seis pases diarios máis á súa disposición para autorizar o acceso á illa a outras tantas persoas, con independencia de que sexan familiares directos ou non, un cupo extraordinario que xa están se está a empregar, tal e como ten constado a Consellería, para facilitar as visitas ás súas casas de persoas coas que non teñan parentesco directo.

Dende a Xunta insístese en que o acceso deberá respectar os informes técnicos que sinalan cal é a capacidade máxima que pode soportar este enclave natural, sen que se poñan en perigo os seus valores paisaxísticos e ambientais.

Os veciños, excluídos do cupo xeral polo PRUX

Ons é un dos catro arquipélagos que conforman o Parque Nacional Marítimo-Terrestre das Illas Atlánticas de Galicia, o único parque nacional existente na comunidade e unha zona de excepcional riqueza desde o punto de vista medioambiental e da biodiversidade.

O Plan Reitor de Uso e Xestión (PRUX) deste espazo natural, en vigor desde febreiro, contempla explicitamente que os veciños das illas que o integran quedan excluídos do cupo límite de visitantes diarios establecido no propio texto e que se empezou a aplicar en Ons de forma obrigatoria desde hai catro meses; unha excepción que tamén afecta ao persoal que realiza no arquipélago labores de restauración, mantemento, instalación e investigación debidamente autorizadas.

Para os concesionarios de vivendas nesta illa, a Xunta preveu desde o principio a expedición dun carné especial, persoal, intransferible e gratuíto, co fin de garantir o seu acceso libre con independencia de se xa se superou ese día o cupo xeral de visitantes. Ese distintivo outorgaráselles, sempre previa solicitude por parte do interesado, a todos os titulares dunha concesión na illa e aos seus familiares directos ata cuarto grao (é dicir, tataranetos e tataravós incluídos e tamén os irmáns dos concesionarios).

Desde o mes de maio, a Consellería de Medio Ambiente tramita con axilidade todas as solicitudes de carnés que recibe por parte dos titulares de Ons e dos seus familiares e a día de hoxe son xa case 300 as persoas que dispoñen deste distintivo.



Source link

0 comentarios

Dejar un comentario

¿Quieres unirte a la conversación?
Siéntete libre de contribuir!

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *