O delegado da Xunta de Galicia na Coruña, Ovidio Rodeiro, informou que a Consellería de Economía, Emprego e Industria inviste máis de 68.000 euros para levar a cabo a mellora das infraestruturas viarias de acceso e interiores ao parque empresarial do Milladoiro desde a estrada Ventín-Coira.

Este parque foi inaugurado no ano 2002 e ten unha superficie de 323.000 metros cadrados. Conta con 189 parcelas distribuídas en 182 naves das cales están ocupadas 157.

Ovidio Rodeiro recalcou que “esta actuación que financia a Consellería de Economía, Emprego e Industria, en colaboración co Concello de Ames, permitirá ao tráfico rodado unha alternativa ao seu acceso ao polígono industrial”..

Ovidio Rodeiro sinalou que con esta orde de axudas “a Xunta de Galicia aposta polo desenvolvemento industrial de Galicia, por iso a Consellería de Economía, Emprego e Industria está a facer un importante esforzo orzamentario para incrementar a dotación do programa de apoio aos parques empresariais”.

O representante do goberno autonómico destacou que “con esta iniciativa a Xunta segue mantendo o seu compromiso cos gobernos locais e co desenvolvemento das súas infraestruturas e co fortalecemento do tecido empresarial e industrial da Comunidade a través destes apoios ao emprendemento, liñas que encaixan coas medidas promovidas pola Lei de implantación empresarial para favorecer a captación de novos investimentos para Galicia”.

A maioría dos proxectos van orientados a mellorar as infraestruturas viarias dos polígonos e para a instalación de sistemas de seguridade e vixilancia tamén para plantas de depuración de auga, xestión de residuos ou instalacións contraincendios. En total, na provincia da Coruña invístense 1,5 millóns para financiar 21 proxectos en 19 concellos.


Comarca Santiago

Na comarca de Santiago a Xunta investirá 527.000 euros en obras en polígonos industriais de Santa Comba, Dodro, Boqueixón, Ordes, Oroso e Ames. Estas inversións son posibles grazas a unha achega da Consellería de Economía, Emprego e Industria e suporán un investimento total na comarca de 673.000 euros dos que a Xunta aporta máis do 78%.

A Xunta favorecerá a mobilización de 5,34 millóns de euros en proxectos para mellorar os parques empresariais de 51 municipios de Galicia, dos que 32 eran Concellos Emprendedores no momento de realizar a solicitude, o que lles deu prioridade na concesión das axudas.
 



Source link

0 comentarios

Dejar un comentario

¿Quieres unirte a la conversación?
Siéntete libre de contribuir!

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *