A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade, a través de Augas de Galicia, vén de iniciar as obras de mellora na rede de saneamento de Pontedeume, cun investimento de máis de 3,1 millóns de euros financiado pola Administración autonómica e cofinanciado con fondos europeos do progama operativo Feder 14-20.

As obras, adxudicadas á empresa Arias Infraestruturas, S.A, correspóndense coa primeira fase de melloras nos sistemas de saneamento e depuración na ría de Pontedeume, que comparten os concellos de Cabanas e Pontedeume. Os traballos teñen un prazo de execución de 15 meses.

A intervención no concello de Pontedeume consiste na renovación do colector interceptor xa existente en toda a fronte litoral do núcleo da vila -paseo marítimo e zona portuaria-, a execución dun tanque de tormentas e un bombeo na propia zona portuaria. A impulsión deste bombeo conectará coa rede de saneamento xa existente.

O obxectivo fundamental de esta actuación é mellorar a xestión das augas de chuvia da rede de colectores municipais, que é de tipo unitaria e mextura augas fecais e de chuvia, de tal modo que se reduzan os vertidos de augas residuais á ría en tempo de choiva e se mellore o estado desa masa de auga onde se desenvolven actividades marisqueiras.

Durante estas primeiras semanas as actuacións que se están a desenvolver no término municipal de Pontedeume, centraranse na obra civil, que inclúen catas e ás tarefas de replanteo xeral dos terreos, para a continuación iniciar os traballos correspondentes ás infraestruturas hidráulicas.

Esta obra ten como obxectivo a minimización das infiltracións na rede de saneamento, reducindo as achegas de augas brancas e salinas á depuradora, así como a eliminación dos vertidos existentes na fachada marítima de Pontedeume.

Descrición das obras

En concreto as obras impulsadas polo organismo hidráulico da Xunta contempla a execución dun colector xeral, tanque de retención, colector de alivio e cámara.
Executarase un novo colector interceptor co mesmo trazado co actual, que partirá do paseo marítimo percorrendo parte deste, e tras o cruzamento da estrada N-651, percorrerá a rúa Peirao e a avenida da Mariña ata a zona onde se proxecta o novo tanque de retención.

O tanque de retención será un depósito soterrado e ten como obxectivo regular os caudais enviados á estación depuradora, así como reducir os vertidos na zona. Tamén se executará o colector de alivio do tanque.

Os traballos inclúen a execución na cámara anexa ao tanque de retención un bombeo que enviará as augas a depuradora de Centroña.

A actuación completarase coa renovación da rede de abastecemento afectada polas obras do novo colector. Esta nova rede terá unha lonxitude de algo máis de quilometro.
O Organismo hidráulico da Xunta, como parte do proxecto de mellora dos sistemas de saneamento e depuración na ría de Pontedeume, avanza ao tempo nas dúas seguintes fases da actuación proxectadas para o concello de Cabanas, cun investimento adicional superior aos 4,3 millóns de euros.

Con esta actuación, Augas de Galicia continúa a apoiar aos concellos nas súas competencias municipais sobre o saneamento e depuración de augas residuais.



Source link

0 comentarios

Dejar un comentario

¿Quieres unirte a la conversación?
Siéntete libre de contribuir!

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *