A Consellería de Política Social está a difundir o seu programa de acollemento familiar para menores baixo o sistema de protección autonómico entre as familias que participan ou están interesadas en recibir nenas e nenos saharauís no verán. Trátase de aproveitar a vontade solidaria destas familias para informarlles da posibilidade de participar como familias acolledoras.

Con este obxectivo, a directora xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica, Amparo González, e persoal deste departamento, están a participar en reunións informativas que convoca a Asociación solidariedade galega co pobo Saharauí para dar conta do seu programa Vacacións en Paz. Esta charlas tiveron lugar ata o día de hoxe nas cidades de Ourense, Vigo e Lugo, e a pretensión é que ao longo deste mes de abril tamén se celebren no resto das grandes cidades galegas.

Amparo González explicou que o acollemento familiar é a medida máis axeitada para nenas, nenos e adolescentes que atravesan unha situación de desamparo coa expectativa de regresar á familia de orixe cando sexa posible, porque “todo menor ten dereito a unha familia”, apuntou.

De feito, a día de hoxe aproximadamente o 56% dos menores protexidos pola Administración autonómica o están baixo a figura do acollemento, ben sexa en familia extensa ou allea, o que supón unha cifra de 1600.
 



Source link

0 comentarios

Dejar un comentario

¿Quieres unirte a la conversación?
Siéntete libre de contribuir!

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *