O director xeral da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural (Agader), Miguel Pérez Dubois, xunto co delegado territorial da Xunta na Coruña, Ovidio Rodeiro, e cos alcaldes de Boqueixón, Manuel Fernández, e de Vedra, Carlos Martínez, supervisaron hoxe o resultado das obras do innovador complexo de turismo enolóxico de Boqueixón, beneficiario das axudas do Leader.

Esta iniciativa foi promovida pola entidade Enoturismo María Manuela e contou cunha axuda de Agader, a través da medida Leader, e que xestiona o Grupo de Desenvolvemento Rural (GDR) Terras de Compostela. Así, a entidade recibiu no ano 2018 unha subvención que acadou o 44% do custe total do investimento, algo máis de 175.000 euros.

Este complexo oferta ata 18 prazas de aloxamento singular, na modalidade de apartamentos en 6 cabanas de madeira integradas na paisaxe, coa finalidade de promover un turismo especializado nas zonas de produción vinícolas que consiste en coñecer desde dentro o mundo do viño: adegas, viñedos, elaboración e historia.

Así, Miguel Pérez Dubois destacou que nos terreos nos que se implantou este complexo existe unha plantación de viño albariño en produción, amparada na D.O. Rías Baixas, e está previsto que nunha segunda fase se constrúa unha bodega de produción e presentación do viño na propia finca, para logo poder ampliar a 12 as cabanas de madeira e así duplicar a oferta de prazas neste proxecto.

O director xeral subliñou que o obxectivo deste proxecto foi ofertar un servizo diferenciado a través dunha arquitectura singular, poñendo en valor unha zona rural de gran beleza pola que discorren dúas rutas de peregrinación, ademais de fomentar actividades de carácter lúdico-creativas en contacto coa natureza.

GDR Terras de Compostela

O GDR Terras de Compostela naceu no ano 2008 como asociación sen ánimo de lucro e xa no ano 2016 constituíse como entidade colaboradora de Agader para xestionar a medida Leader neste período 2014-2020. Ten como finalidade ser o núcleo de integración e de representación dos diferentes axentes territoriais, tanto públicos como privados, interesados en promover o desenvolvemento do seu territorio.

O seu ámbito de actuación abarca os concellos de Ames, A Baña, Boqueixón, Brión, Negreira, Santa Comba, Santiago, Teo, Val do Dubra e Vedra. Polo tanto, falamos dunha superficie de máis de 1.100 quilómetros cadrados, aproximadamente o 15% da provincia da Coruña.



Source link

0 comentarios

Dejar un comentario

¿Quieres unirte a la conversación?
Siéntete libre de contribuir!

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *