Os conselleiros de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, e de Cultura e Turismo, Román Rodríguez, asistiron á
V Xuntanza Empresarial da Asociación de Empresarios do Deza, AEDeza, onde se entregaron os galardóns ás iniciativas máis destacadas polo seu emprendemento, internacionalización ou traxectoria, entre outras distincións.

Na súa intervención Conde agradeceu a AEDeza o labor que vén realizando na comarca desde hai máis de 25 anos e que contribúe tanto ao impulso do emprendemento como ao desenvolvemento económico da zona.

O conselleiro ratificou o compromiso da Xunta cos empresarios e autónomos que se materializa en iniciativas como as facilidades que ofrece a este colectivo a Lei de implantación empresarial; ou os servizos, espazos e medios técnicos e financiamento da rede de aceleradoras StartIn Galicia, que nos últimos cinco anos apoiou ao redor de 1000 iniciativas. Conde puxo en valor, ademais, o compromiso das administracións locais, xa que dos seis municipios da comarca catro -Silleda, Vila de Cruce, Dozón e Agolada- xa son Concellos Emprendedores. Formar parte desta iniciativa permite aos concellos ter prioridade en programas de axudas vinculadas ao emprego e a formación, á dinamización comercial ou á eficiencia enerxética. A cambio, os concellos comprométense a rebaixas nos impostos locais de ata o 95% e a ofrecer máis facilidades no eido da tramitación administrativa para favorecer a captación de novas empresas e novos investimentos no municipio
 



Source link

0 comentarios

Dejar un comentario

¿Quieres unirte a la conversación?
Siéntete libre de contribuir!

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *