A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, e a delegada territorial da Xunta en Vigo, Corina Porro, participaron hoxe na visita guiada organizada pola Asociación Profesionais de Guías de Turismo de Galicia (APIT-Galicia) con motivo do día mundial que se conmemora hoxe con roteiros en varias localidades galegas.

Un ano máis, a Xunta apoia coa súa presenza o papel dos guías profesionais de turismo e a súa contribución para facer de Galicia un destino máis competitivo. Baixo a temática deste ano, Sé turista na túa terra, ambas participaron no percorrido guiado gratuíto aberto ao público que tiña fins solidarios xa que os donativos voluntarios destínanse nesta ocasión á Federación Galega de Esclerose Múltiple (FEGADEM).

Tras a convocatoria en 2019 por parte da Xunta de novos exames de habilitación de guías de turismo especializados en Galicia, a Comunidade conta xa con 800 guías con habilitación en diversos idiomas e tamén en lingua de signos. Trátase dun colectivo clave para o turismo, no que os propios membros do sector apostan pola súa profesionalización

A campaña deste ano de APIT-Galicia permite tamén dar visibilidade á importancia do turismo interno para que os propios galegos coñezan os recursos de Galicia. Un turismo que, segundo os datos do Instituto Nacional de Estatística (INE), acadou un máximo histórico, superando os 3 millóns de noites. Nesa mesma liña, está en marcha o programa Elixe Galicia, dirixido a menores de 30 anos, familias con nenos e pensionistas maiores de 55 anos, que ata o 3 de marzo poden solicitar praza para viaxar a prezos reducidos.
 



Source link

0 comentarios

Dejar un comentario

¿Quieres unirte a la conversación?
Siéntete libre de contribuir!

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *