Axentes do grupo de Menores da Policía Autonómica levaron a cabo un total de 72 inspeccións de control de venda e consumo de bebidas alcohólicas e tabaco en 10 concellos galegos entre o 5 e o 11 de agosto de 2019.

Por parte dos distintos Grupos de Menores da Policía Autonómica da Coruña, Lugo, Pontevedra, Vigo e Santiago, nesta pasada semana realizáronse 31 dispositivos de control de menores en risco de desamparo (absentismo escolar e consumo de alcol/tabaco e drogas en menores de idade), nos concellos de A Coruña, A Guarda, Boiro, Lugo, O Porriño, Pontevedra, Redondela, Santiago de Compostela, Vedra e Vigo.

Como resultado do dispositivo levado a cabo, foron identificadas 42 persoas e inspeccionadas 72 zonas de ocio, locais e centros comerciais. Levantáronse 4 actas de infracción, todas por consumo de alcohol.

A Policía Autonómica, dende a entrada en vigor da Lei 11/2010, de prevención de bebidas alcohólicas aos menores de idade, leva a cabo diversos dispositivos policiais por toda a Comunidade Galega, para velar polo cumprimento da mesma e previr o consumo deste tipo de bebidas polos menores de idade.

Nestes dispositivos, ademais das denuncias pola infracción da Lei 11/2010, tamén se informa aos propietarios dos locais do seu contido, das actuacións que deben levar a cabo para o cumprimento da mesma e evitar o consumo de alcol entre os menores de idade, así como, que por parte da Policía Autonómica se continuará coas actividades necesarias para velar polo cumprimento da norma.



Source link

0 comentarios

Dejar un comentario

¿Quieres unirte a la conversación?
Siéntete libre de contribuir!

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *