Axentes do grupo de Menores da Policía Autonómica levaron a cabo entre o 8 ao 14 de abril en 15 concellos galegos un total de 114 inspeccións de control de venda e consumo de bebidas alcohólicas e tabaco.

Por parte dos distintos Grupos de Menores da Policía Autonómica da Coruña, Santiago de Compostela, Lugo, Ourense, Pontevedra e Vigo nesta pasada semana realizáronse 41 dispositivos de control de menores en risco de desamparo (absentismo escolar e consumo de alcohol/tabaco e drogas en menores de idade), nos concellos de A Coruña, Ames, Boimorto, Ferrol, Ribeira, Santiago de Compostela, Viveiro, Maside, Ourense, Ribadavia, Ponteareas, Pontevedra, O Porriño, Redondela e Vigo.

Como resultado do dispositivo levado a cabo, foron identificadas 57 persoas e inspeccionadas 114 zonas de ocio, locais e centros comerciais. Levantáronse 9 actas de infracción: 5 por consumo de alcohol e 4 por venda de alcohol.

A Policía Autonómica, dende a entrada en vigor da Lei 11/2010, de prevención de bebidas alcohólicas aos menores de idade, leva a cabo diversos dispositivos policiais por toda a Comunidade Galega, para velar polo cumprimento da mesma e previr o consumo deste tipo de bebidas polos menores de idade.

Nestes dispositivos, ademais das denuncias pola infracción da Lei 11/2010, tamén se informa aos propietarios dos locais do seu contido, das actuacións que deben levar a cabo para o cumprimento da mesma e evitar o consumo de alcol entre os menores de idade, así como, que por parte da Policía Autonómica se continuará coas actividades necesarias para velar polo cumprimento da norma.



Source link

0 comentarios

Dejar un comentario

¿Quieres unirte a la conversación?
Siéntete libre de contribuir!

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *