A Policía Autonómica incautou un total de 2.617 vieiras de gran tamaño non marco dunha operación de investigación de furtivismo na ría de Ferrol, que posteriormente trasladaban a outras zonas da comunidade, preferentemente na ría de Arousa, sen cumprir coas mínimas normas tanto administrativas como sanitarias.

Na madrugada do pasado día 7, axentes do grupo Erpol (Equipo de Resposta Policial) da Policía Autonómica, apoiados polo servizo veterinario da subdirección xeral de Gardacostas, culminaron un dispositivo de vixilancia e seguimento coa incautación de 2.617 vieiras de gran tamaño, cun peso de máis de 650 quilos. As vieiras intervidas foron trasladadas para ser resembradas na ría de Ferrol.



Source link

0 comentarios

Dejar un comentario

¿Quieres unirte a la conversación?
Siéntete libre de contribuir!

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *