A delegada territorial da Xunta en Ourense, Marisol Díaz Mouteira, recibiu esta mañá no seu despacho ao novo xefe da Comandancia da Garda Civil na provincia ourensá, o tenente coronel Rafael López Pinel. A representante do Goberno galego mantivo así o seu primeiro encontro institucional con López Pinel desde que tomou posesión en Ourense, a mediados deste mes, procedente da Comandancia de Teruel onde exercía de segundo xefe como comandante.

O novo responsable da Garda Civil expúxolle a Díaz Mouteira os seus obxectivos ao fronte do instituto armado de Ourense centrados en manter baixas as estatísticas de criminalidade e mellorar a seguridade cidadá.



Source link

0 comentarios

Dejar un comentario

¿Quieres unirte a la conversación?
Siéntete libre de contribuir!

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *